Costumbres, tradición, gastronomía, trabajos rurales, vida vaqueira, saber popular

Etiquetas, palabras clave, tags: toponimia, Galicia, Fernando Cabeza Quiles, onomástica

    "Amar á terra non só é facer política. Tamén é estudala, interesarse polo país. A toponimia é fundamental para achegarse e amar ao país de verdade. Todos os estudos dun país son para que se prestixie, estudala é prestixiala e máis amala...

    Penso que se unha persoa sabe quen é vivirá con menos contradicións e máis feliz... A toponimia tamén a entendo como algo espiritual, con valores intanxibles".
    (Fernando Cabeza Quiles).

    Fernando Cabeza Quiles:
    toponimia gallega

A) Limiar:

por Gonzalo Navaza

A pesar da importante tradición dos nosos estudios toponimicos, a maior parte dela encóntrase en obras de circulación restrinxida, como artigos en revistas especializadas, ou en publicacións sobre temas concretos ou áreas xeográficas delimitadas. Desde 1977 dispuñamos do excelente libro de Abelardo Moralejo Lasso titulado, Toponimia Gallega y Leonesa que é unha recopilación de 18 artigos sobre diferentes temas toponimicos.

Pero non contabamos en galego cunha obra de divulgación, dirixida ó chamado "gran público", que abordase amena e sucintamente e cun mínimo de rigor a explicación das orixes e os significados dos nomes de lugar, procurando ó mesmo tempo unha certa exhaustividade, polo menos no que se refire á toponimia maior. O libro de Fernando Cabeza quere ser esa obra.

Fernando Cabeza vén publicando desde hai anos artigos de divulgación sobre temas toponímicos no xornal La Voz de Galicia. Boa parte destes artigos aparecen agora refundidos e integrados en Os nomes de lugar. Non se trata dun libro dirixido a especialistas. Os máis escrupulosos destes acaso poden encontrar aquí e acolá certas ousadías na formulación de hipóteses explicativas, sobre todo nalgúns aspectos relativos á toponimia prerromana, da que ainda se ignoran moitas cuestións.

Pero dentro das súas características é unha obra absolutamente rigorosa, que recolle as opinións de recoñecidos filálogos, ofrece oportuna documentación das formas escritas antigas de cada topónimo, sempre que ó autor lle foi posible recollelas, e en máis dun caso aporta datos de interese mesmo para investigadores eruditos. A finalidade primordial do libro, sen embargo, é, como dixemos, a de expoñer con sinxeleza e amenidade os segredos que a toponimia oculta para os ollos do profano”
(Gonzalo Navaza, Limiar a Os nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a súa orixe e o seu significado, 1992).

B) Publicacións do autor

  • (2020): Toponimia de Carballo. Colección Terra Nomeada. Asociación Galega de Onomástica. Edita Real Academia Galega. Libro completo.

  • (2018): Toponimia da Estrada. Colección Terra Nomeada. Asociación Galega de Onomástica. Edita Real Academia Galega. Libro completo.

  • (2016): Galicia, o galego e os galegos. Editorial Toxosoutos. Noia. A Coruña.

  • (2014): A toponimia celta de Galicia. Editorial Toxosoutos. Noia. A Coruña.

  • (2013) Meavía, A estrada e outros topónimos viarios xacobeos de Tabeirós-Terra de Montes. A Estrada: Miscelánea histórica e cultural,  Nº. 16, págs. 107-126. Texto completo

  • (2012) As pegadas xacobeas do concello da Estrada (e II). A Estrada: Miscelánea histórica e cultural, Nº. 15,  págs. 261-282

  • (2011) As pegadas xacobeas do concello da Estrada (I). A Estrada: Miscelánea histórica e cultural,  Nº. 14,  págs. 199-224. Texto completo

  • (2010) Olives, un topónimo singular. A Estrada: Miscelánea histórica e cultural,  Nº. 13, págs. 171-178.

  • (2008) Toponimia de Galicia. Editorial Galaxia.

  • (2007). "A toponimia da illa de Ons (II)", en Aunios, Pineir Óns, nº 12 (pp. 57-61). Pontevedra

  • (2007) Algúns topónimos das parroquias de Sabucedo, Liripio, Codeseda e Souto. A Estrada: Miscelánea histórica e cultural,  Nº. 10, págs. 147-156.

  • (2006). "A toponimia da illa de Ons", en Aunios, Pineir Óns, nº mayo (pp. 11-15). Pontevedra.

  • (2006). "Toponimia Ribadaviense", en en A Fundación, Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia, nº 11 (pp. 3-5). Ourense.

  • (2006) Algúns topónimos das parroquias da Estrada, Matalobos, Ouzande e Toedo. A Estrada: Miscelánea histórica e cultural, Nº. 9, págs. 115-134.

  • (2005). Gallegos en Las Alpujarras granadinas. Editorial Toxosoutos. Noia.

  • (2005). "Algúns topónimos da parroquia de Guimarei", en A Estrada, Miscelánea histórica e cultural. Museo do Pobo Estradense Manuel Reimóndez Portela, nº 8 (pp. 21-29). Noia

  • (2005) Gallegos en Las Alpujarras granadinas. Noia (A Coruña) : Toxosoutos,

  • (2005) Algúns topónimos da parroquia de Guimarei. A Estrada: Miscelánea histórica e cultural, Nº. 8, págs. 21-30.

  • (2004) O topónimo "Baloira". A Estrada: Miscelánea histórica e cultural, Nº. 7,  págs. 149-154.

  • (2003) Galegos en las Alpujarras granadinas. Noia (A Coruña), Toxosoutos.

  • (2003) En torno ó topónimo Toedo. A Estrada: Miscelánea histórica e cultural, Nº. 6, págs. 155-162.

  • (2002) Sobre o topónimo Brea. A Estrada: Miscelánea histórica e cultural, Nº. 5, págs. 123-132.

  • (2001). "Sobre o nome da Estrada", en A Estrada, Miscelánea histórica e cultural. Museo do Pobo Estradense Manuel Reimóndez Portela, nº 4 (pp. 11-22). Noia.

  • (2001). "Algúns topónimos das parroquias da Estrada, Matalobos, Ouzande e Toedo", en A Estrada, Miscelánea histórica e cultural. Museo do Pobo Estradense Manuel Reimóndez Portela, nº 9 (pp. 115-133). Noia.

  • (2001) Sobre o nome da Estrada. A Estrada: Miscelánea histórica e cultural, Nº. 4, págs. 11-22.

  • (2000). Os nomes da terra. Topónimos galegos. Editorial Toxosoutos. A Coruña

  • (2000) Os nomes da terra: topónimos galegos. Noia (A Coruña). Toxosoutos.

  • (1997) A toponimia dalgunhas romarías galegas, un exemplo de etnolingüística. As linguas e as identidades: ensaios de etnografía e de interpretación antropolóxica / coord. por Xaquín S. Rodríguez Campos, págs. 291-294

  • (1997) "A toponimia dalgunhas romarías galegas, un exemplu de etnolingüística". En As linguas e as identidades. Ensayos de etnografía e de interpretación antropolóxica. Universidades de Santiago de Compostela.

  • (1992). Os nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a súa orixe e o seu significado. Ed. Xerais. Vigo.

C) El autor, Fernando Cabeza Quiles

    "Ponferrada, 1953, é Licenciado en Filoloxía Hispánica, Diplomado en Maxisterio e un dos máximos estudosos e divulgadores da toponimia galega. Ten publicado, á parte de libros de ensaio e de creación literaria, os volumes Os nomes de lugar, Os nomes da terra, publicado por esta editorial, e Toponimia de Galicia~ obras ás que agora une A toponimia celta de Galicia. Colaborador en prensa e radio, pertence á Asociación Galega de Onomástica.

    Cabeza Quiles, paralelamente ás súas investigacións toponímicas, publicou varios libros de relatos en galego, especialmente de narrativa infantil e xuvenil. Escribe tamén poesía e formou parte do Batallón Literario da Costa da Morte. Algún dos seus traballos desenvolven temática etnográfica, histórico- ensaística e mesmo xacobea" (dellibro A toponimia celta de Galicia).

D) Algúns textos do autor

-"Casei para Carballo e cando un casa, casa tamén coa terra da parella. Non coñecía a palabra vixoteira, non está nos dicionarios de galego, é un endemismo de Bergantiños. Vixoteira, como topónimo, fai referencia ao estar nunha altura. Normalmente chámase vixoteira a unha persoa moi curiosa, que vixota sen ser vista. En castelán, cotilla. A Vixoteira vén a significar o mesmo que a A Esculqueira: dende ese lugar, concretamente, albíscase unha panorámica no val de Rus. Para min foi o máis curioso, pola miña condición, ao principio, de foráneo" (https://www.lavozdegalicia.es/).

***

"En Carballo, coma no resto de concellos de Galicia, non se fixo ben neste sentido, é un defecto que atopo: sería mellor ir a ese lugar e preguntar polos nomes, pero resulta máis cómodo inventar, por así dicilo, os microtopónimos. Aí está Os Areos, en Razo, ademais relacionado coa palabra Arnados [Arnado, lugar de area, are marítima]: aí púxose o nome dunha flor ou similar cando o correcto e lóxico sería Os Areos, para crear ademais conciencia propia. É un problema que xa non vén de agora" (https://www.lavozdegalicia.es/).

E) Otras publicaciones, algunas entrevistas...